ESTATUTOS DA FEDERACIÓN GALEGA DE BOXEO

TÍTULO IX. CAUSAS E PROCEDIMENTO DE EXTINCIÓN E DISOLUCIÓN.

Artigo 53. Causas de extinción A Federación extinguirase polas seguintes causas:

Pela revogación do seu recoñecemento.
Por resolución xudicial.
Por integración ou fusión con outra Federación deportiva galega.
Polas demais causas previstas no ordenamento xurídico.
Artigo 54. Procedemento de extinción e disolución

En caso de extinción e disolución da Federación, unha vez liquidado o seu patrimonio, a parte restante, se a houber, destinarase aos fins de carácter deportivo que determine a Administración deportiva autonómica competente.
A extinción e disolución realizaranse cumprindo os trámites procedimentais previstos na lexislación vixente.
Disposición adicional única As normas regulamentarias de desenvolvemento dos presentes Estatutos, con exclusión das normas técnicas ou regulamentos deportivos que rexen a competición, depositaranse no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, e daranse a coñecer a través da páxina web da Federación.

O calendario oficial aprobado pola Asemblea Xeral deberá comunicarse, nos termos esixidos pola lexislación vixente, á Administración deportiva no prazo de sete días desde a súa aprobación.

Disposición final única. Entrada en vigor Os presentes Estatutos entrarán en vigor tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Acta asinada e estatutos rexistrados o 30 de decembro de 2021.

Estatutos FGB.

Federación Gallega de Boxeo