Actualidad
Ver todas
chegan os campionatos Galegos promesas
Campionatos Promesas de Galicia: o futuro do deporte galego, en Negreira 37 clubs de toda Galicia daranse cita nos Campionatos Promesas deste ano, unha competición que, co apoio da Deputación da Coruña, servirá para o ránking e para impulsar aos deportistas que, nun futuro próximo, poderán chegar a converterse en campións de España. A competición reunirá 130 deportistas procedentes das catro provincias galegas, entre eles máis de 30 deportistas femininas, nunha auténtica festa do deporte e da competición. 📍 Concello de Negreira 📅 10, 11 e 12 de outubro 🕚 Mañás: de 11:00 a 14:00 h 🕔 Tardes: de 17:00 a 21:00 h Durante os tres días poderemos desfrutar de máis de 90 apaixonantes combates, nos que os novos talentos do deporte galego demostrarán o seu esforzo, ilusión e nivel competitivo. Un evento que será posible grazas ao patrocinio da Deputación da Coruña, á colaboración do Concello de Negreira e ao apoio da Xunta de Galicia. 🥊 O futuro do deporte galego ten unha cita en Negreira. Tres días de competición, 37 clubs, 130 deportistas e máis de 90 combates. O espectáculo está garantido!
Publicado el: 06/10/2026
Leer más