ESTATUTOS DA FEDERACIÓN GALEGA DE BOXEO

TÍTULO IV. RÉXIME DE RESPONSABILIDADE DOS PRESIDENTES E MEMBROS DA XUNTA DIRECTIVA.

Artigo 20. Principio xeral
O Presidente, membros da Xunta Directiva ou dos órganos de dirección que se puidesen establecer estatutariamente serán persoalmente responsables, fronte á propia Federación, fronte ós seus membros ou fronte a terceiros:

  1. Das obrigas que contraese a Federación e que non teñan, ou tivesen, o adecuado respaldo contable, non figuren nas contas presentadas e aprobadas, ou sexan obxecto dunha contabilización que non reflicta a natureza e alcance da obriga en cuestión, e que distorsione a imaxe fiel que debe producir aquela.
  2. Das obrigas que contraese contra a prohibición expresa doutros órganos federativos competentes ou da Administración autonómica, así como das obrigas que impliquen un déficit non autorizado ou fóra dos límites da autorización.
  3. En xeral, dos actos ou das omisións que supoñan un prexuízo para a Federación cando sexan realizados vulnerando normas de obrigado cumprimento.


Artigo 21. Exención de responsabilidade

A responsabilidade descrita no artigo anterior poderase esixir no caso de existencia de dolo ou culpa na actuación dos suxeitos responsables. En todo caso, quedarán exentos de responsabilidade aqueles que votasen en contra do acordo o non interviñesen na súa adopción ou execución, ou aqueles que o descoñecesen ou, coñecéndoo, se opuxesen expresamente a aquel.

Artigo 22. Responsabilidade disciplinaria
A responsabilidade regulada no presente Título é independente da responsabilidade disciplinaria na que se puidese incorrer, e que se esixirá consonte ás disposicións xerais vixentes.

Federación Gallega de Boxeo