ESTATUTOS DA FEDERACIÓN GALEGA DE BOXEO

TÍTULO I. DENOMINACIÓN, ESPECIALIDADES, DOMICILIO, ESTRUTURA TERRITORIAL, OBXECTO E FUNCIÓNS, NORMATIVA APLICABLE, IMPACTO MEDIOAMBIENTAL E NEUTRALIDADE DE XÉNERO.

Artigo 1. Denominación e especialidades
1. A Federación Galega de boxeo é a entidade privada con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, sen ánimo de lucro, que ten por obxecto, mediante a integración de clubs deportivos, seccións deportivas, deportistas, técnicos-adestradores e xuíces-controladores, a práctica do deporte de Boxeo como deporte principal e o Savate como especialidade asociada a esta Federacion, así como promover, regulamentar e organizar o Boxeo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. A Federación exerce, ademais das súas propias atribucións, por delegación funcións públicas de carácter administrativo, actuando en tal caso como axente colaborador da Comunidade Autónoma galega baixo a súa tutela e coordinación.

2. A Federación ten a consideración de entidades de utilidade pública, nos termos establecidos na lexislación.

Artigo 2. Domicilio
O domicilio social actual establécese en A Plaza de Agustin Díaz,1 en A Coruña podendo ser cambiado de localidade ou de provincia, dentro sempre do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, por acordo de 2/3 dos membros asistentes á Asemblea Xeral, a proposta da Xunta Directiva.

Artigo 3. Estrutura territorial
A estrutura territorial da Federación, que adoptará calquera das modalidades legalmente permitidas, determinarase no seu caso polo correspondente Regulamento de desenvolvemento dos presentes Estatutos.

Artigo 4. Obxecto e funcións
1. A Federación exerce como funcións propias as seguintes:

  1. A convocatoria das seleccións deportivas da súa modalidade deportiva e a designación dos deportistas que as integren.
  2. Colaborar coas Administracións públicas e coa Federación, así como coas restantes entidades deportivas, na promoción do deporte do Boxeo como deporte principal e o Savate como especialidade asociada a esta Federacion.
  3. Colaborar coa Administración deportiva autonómica na execución dos plans e programas dos deportistas galegos de alto nivel.
  4. De ser o caso, e conforme á normativa que sexa aplicable, colaborar e/ou organizar as competicións oficiais e actividades deportivas de carácter estatal ou internacional que se realicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
  5. Elaborar as súas propias normas técnicas e regulamentos deportivos.
  6. Colaborar coa Administración deportiva autonómica na formación de técnicos-adestradores e xuíces-controladores, segundo a normativa que sexa aplicable.
  7. Fomentar a participación no deporte do Boxeo como deporte principal e o Savate como especialidade asociada a esta Federacion das persoas con algunha discapacidade.


2. A Federación exerce como funcións públicas delegadas, en réxime de exclusividade, as seguintes:

  1. Representar á Comunidade Autónoma de Galicia nas actividades e competicións deportivas do deporte do Boxeo como deporte principal e o Savate como especialidade asociada a esta Federacion, consonte á normativa que sexa de aplicación.
  2. Organizar as competicións oficiais autonómicas federadas.
  3. Expedir licenzas deportivas para a práctica do deporte do Boxeo como deporte principal e o Savate como especialidade asociada a esta Federacion nos termos establecidos na lexislación vixente.
  4. Asignar as subvencións e axudas de carácter público concedidas e controlar que os seus asociados lles dean unha correcta aplicación.
  5. Garantir o cumprimento das normas de réxime electoral nos procesos de elección dos seus órganos representativos e de goberno, así como dos demais dereitos e obrigas derivados do cumprimento destes Estatutos.
  6. Exercer a potestade disciplinaria nos termos establecidos pola Lei 3/2012, de 2 abril, do Deporte de Galicia e polas súas disposicións de desenvolvemento, de acordo cos presentes Estatutos e Regulamentos de desenvolvemento.
  7. Executar, de ser o caso, as resolucións do Comité Galego de Xustiza Deportiva.
  8. Colaborar coas Administracións públicas competentes na prevención, control e represión do uso de substancias e grupos farmacolóxicos prohibidos, así como na prevención da violencia no deporte. Para estes efectos, e entre outras accións, a Federación instruirá e resolverá os expedientes sancionadores que no ámbito da dopaxe se substancien, consonte ó establecido na lexislación vixente.
  9. Calquera outra que regulamentariamente se determine.


3. A Federación fomentará que a dedicación significativa á práctica do deporte do Boxeo como deporte principal e o Savate como especialidade asociada a esta Federacion se corresponda tendencialmente coas esixencias da semiprofesionalidade ou profesionalidade da práctica do deporte, tanto por conta allea como por conta propia, consonte as súas modalidades admitidas pola lexislación vixente.

4. A Federación utilizará preferentemente para o cumprimento dos seus obxectivos e funcións as novas tecnoloxías da información e da comunicación, a través do seu propio sitio en Internet.

Artigo 5. Normativa aplicable
A Federación regulará a súa estrutura e funcionamento de acordo cos principios de representación e participación democrática, e rexerase pola Lei 3/2012, de 2 abril, do Deporte de Galicia, os presentes Estatutos e os seus Regulamentos de desenvolvemento.

Artigo 6. Impacto medioambiental
A Federación adoptará a premisa de respecto e conservación da natureza. Fomentará a educación medioambiental entre os deportistas e adoptará cantas medidas estean ó seu alcance co fin de salvagardar o patrimonio ecolóxico e forestal durante o desenvolvemento das súas actividades. Asemade, colaborará en materia de medio ambiente cos Organismos e Entidades Públicas ou Privadas no ámbito do seu territorio.

Artigo 7. Neutralidade de xénero
1. Pola propia natureza do deporte do Boxeo, a Federación axustarase na ordenación desta modalidade deportiva ó principio de neutralidade de xénero, fomentando asemade a organización e práctica desta modalidade deportiva con suxeición ós principios establecidos no artigo 29 da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

2. Consonte ás regras e guías da IOF, a Federación organizará as súas competicións deportivas de xeito que as orientadoras poidan competir nas categorías de deportistas.

3. Todas as referencias que se realicen nos presentes Estatutos a persoas de xénero masculino se entenderán feitas asemade, en condicións de plena igualdade, a persoas de xénero feminino.

Federación Gallega de Boxeo