CAMPIONATO GALEGO DE SAVATE 2024

CAMPIONATO GALEGO DE SAVATE 2024
3 de abril de 2024

Inscripcion:https://plataforma.plaam.com/modulos/news/subido/42/CAMPIONATO%20SAVATE%20INFANTIL.docx🥊

CAMPIONATO GALEGO DE SAVATE 2024 🏆

Este vindeiro 21 de abril, no concello de Meaño, terá lugar o Campionato Galego de Savate, organizado por PARA VELLVUM coa colaboración do concello de Meaño, Xunta de Galicia e Deporte Galego.

O evento reunirá deportistas de idades comprendidas entre os 6 e os 17 anos.

Esperámosvos no pavillón municipal de Xil!

 

IMPORTANTE: 

MODALIDADE: ASALTO-CONTACTO LIXEIRO

LUGAR DE CELEBRACIÓN Pavillón Municipal do Xil Dirección: Rúa dos Colexios, 6 - Meaño (Pontevedra)

PARTICIPANTES Cada CLUB PODERÁ INSCREVER VARIOS PARTICIPANTES POR PESO.

COTA DE INSCRICIÓN NON HAI Data límite para a inscrición de competidores: 17 de abril de 2024. Canto antes se envíen, mellor.

REQUISITOS DOS PARTICIPANTES

  • Licenza 2024 en vigor cursada por un Club afiliado ou reafiliado á FGB.
  • Cada competidor será responsable de estar apto para un deporte de combate, podendo esixirse certificado de aptitude médica ou información ou consentimento informado do deportista, oportunamente comunicarase o necesario.
  • Levar ao Campionato a súa licenza, DNI ou pasaporte.
  • Autorización paterna para os menores de 18 anos.

PROGRAMA DE COMPETICIÓN DOMINGO 21 MAÑÁ: PESADA: 10:30 COMEZO DA COMPETICIÓN Ás 11:00h - 14:00h TARDE: COMEZO DA COMPETICIÓN: 16:30 - 19:40

O competidor que non dea o peso na categoría na que estea rexistrado, quedará descalificado sen poder ser substituído nin cambiado de categoría. A tolerancia do peso será de +/- 1 Kg, DEBIDO A QUE NOS PESAREMOS CON ROUPA. Será obrigatoria a presentación do D.N.I. tanto na pesada como na competición.

PROTECCIÓNS: As proteccións deberán encontrarse en bo estado e ser obrigatoriamente (Casco-Guantes-Espinilleiras).

  • 7-8-9 anos: até 52 kg 8 oz// até 70 kg 10 oz// máis de 70 kg 12 oz
  • No resto das categorías serán: 10 oz ata os 60 kg - 12 oz ata os 80 kg - 14 oz máis de 80 kg
  • Categorías: 7-8-9 anos// 10-11 anos//12-13 anos//14-15 anos//16-17 anos

ADESTRADORES Cada Club poderá dispor dun axudante por cada 5 competidores para os labores de aquecemento ou preparación dos mesmos para saír ao tatami.

INDUMENTARIA DEPORTIVA Será obrigatorio participar con mallas deportivas longas ou pantalón longo sen importar a cor, e camiseta de tirantes (permitirase tamén de manga curta se é do club deportivo ao que pertence). Permitiranse zapatillas deportivas no caso de non dispoñer de botas de Savate ou boxeo, a condición de que os cordóns estean dentro da bota ou cubertos con esparadrapo.

Federación Gallega de Boxeo