TÍTULO VIII. DA REFORMA DOS ESTATUTOS.

Artigo 48. Órgano competente e proposta
Os Estatutos da Federación unicamente poderán modificarse por acordo da Asemblea Xeral, reunida en sesión extraordinaria, previa inclusión na orde do día da modificación que se pretende. A proposta de modificación estatutaria, salvo cando esta deba realizarse por imperativo legal, poderá plantexarse por un terzo dos membros da Asemblea Xeral, ou pola Xunta Directiva.

Artigo 49. Emendas
Da proposta de modificación darase traslado a cada un dos membros da Asemblea Xeral, quen deberán contar cun prazo non inferior a dez días para facer chegar á Federación as emendas ou suxerencias que estimen pertinentes. Entre a data de recepción da proposta de modificación na sede da Federación e a reunión da Asemblea Xeral na que a mesma se debata non poderán transcorrer máis de tres meses, polo cal, se non estiver prevista reunión da Asemblea Xeral dentro dese prazo, deberá convocarse unha a tal fin.

Artigo 50. Debate
A Asemblea Xeral abrirá a sesión coa lectura do texto da modificación proposta, así como das emendas ou suxerencias efectuadas. Posteriormente, tras o debate a que dera lugar, se procederá á votación.

Artigo 51. Votación
A aprobación pola Asemblea Xeral da modificación proposta requirirá o voto favorable da maioría absoluta dos seus membros.

Artigo 52. Aprobación
A reforma requirirá, unha vez aprobada pola Asemblea Xeral, a aprobación pola Administración deportiva de Galicia e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Volver: TÍTULO VII

Siguiente: TÍTULO IX