TÍTULO III. REQUISITOS DE ADQUISICIÓN O PÉRDIDA DA CONDICIÓN DE FEDERADO, RÉXIME DE CONCESIÓN DE LICENZAS FEDERATIVAS E CONDICIÓNS DESTAS, E DEREITOS, DEBERES E RESPONSABILIDADES DE TODOS OS SEUS INTEGRANTES.

Artigo 17. Requisitos de adquisición o perda da condición de federado, e réxime de concesión de licenzas federativas e condicións destas
1. Os clubs deportivos que teñan entre os seus fins a práctica e promoción do deporte do Boxeo en calquera das súas especialidades integraranse, a petición propia, na Federación, debendo cumprir os seguintes requisitos:

  1. Solicitude de admisión mediante instancia dirixida ó Presidente.
  2. Número de Rexistro dos Estatutos.


2. A admisión dun club non comportará, baixo ningún concepto, en principio, ingreso económico á Federación. Por tanto, a admisión será en principio gratuíta, así como en igualdade de dereitos que o resto de clubs deportivos.

3. Os deportistas, técnicos-adestradores e xuíces-controladores que teñan entre a súa práctica o especialidade o deporte de Boxeo poderán integrarse na Federación por vontade propia. A devandita integración producirase mediante a concesión de licenzas. As licenzas poderán ser tramitadas e expedidas pola Federación ou, de ser o caso, pola Federación. As licenzas expedidas pola Federación axustaranse á súa regulación específica. As licenzas tramitadas e expedidas pola Federación axustaranse, de ser o caso, ó disposto nun Regulamento de desenvolvemento dos presentes Estatutos.

4. O prazo de resolución da admisión dun club, ou de concesión dunha licenza, non será superior a 30 días naturais, a contar desde a recepción da solicitude.

5. As resolucións, tanto aprobatorias como denegatorias, deben comunicarse expresa e directamente ó club ou ó interesado, sinalando, de ser o caso, o incumprimento dos requisitos. A resolución poderá ser recorrida ante os órganos competentes.

6. A perda da condición de federado producirase nos termos establecidos pola lexislación vixente.

Artigo 18. Dereitos dos federados
1. Os federados teñen dereito a non seren discriminados por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

2. Con carácter xeral, todos os federados teñen o dereito a recibir a tutela da Federación respecto ó seus intereses deportivos lexítimos, así como o de participar nas súas actividades e no seu funcionamento, a través dos medios e dos cauces establecidos.

3. Igualmente poderán participar na súa xestión, sendo electores e elixibles para os seus órganos de goberno e representación, consonte ó disposto nas normas electorais vixentes en cada momento.

Artigo 19. Deberes e responsabilidades dos federados
1. Os federados teñen o deber de estar en posesión da licenza federativa.

2. Os federados tamén teñen o deber de aceptar e cumprir os Estatutos e Regulamentos da Federación, así como o de someterse á autoridade dos órganos federativos en relación coas materias da súa competencia, sen prexuízo do dereito a impugnar ou recorrer as súas decisións ante as instancias correspondentes, acudindo incluso ante a xurisdición competente.

3. O incumprimento dos devanditos deberes poderá xerar responsabilidade, nos termos establecidos pola lexislación vixente.

Volver: TÍTULO II

Siguiente: TÍTULO IV