Velada Noia
21/10/2025
🥊 Velada Noia
Este sábado, a vila de Noia gozou dunha velada inesquecible co SKT Fighters XIV, celebrada no Colexio Jaime Balmes.
O evento, organizado polo club SKT Fighters, reuniu a destacados púxiles de diferentes categorías e contou cun gran ambiente deportivo e de compañeirismo.
O peche estelar chegou co combate entre Silvestre Gómez e Ramiro, no que o noiés Silvestre impúxose con claridade, levando a ovación da noite e a vitoria final. 👏
Desde a Federación Galega de Boxeo, queremos felicitar ao club organizador, aos púxiles participantes e ao público que fixo posible esta gran xornada de boxeo galego.
#boxeo #fgboxeo