V Open ENCE Vila de Marín

V Open ENCE Vila de Marín

V Open ENCE Vila de Marín

O V Open ENCE Vila de Marín de boxeo, celebrado do 1 ao 3 de maio no pavillón do colexio SEI San Narciso, foi un éxito rotundo. Con máis de 500 deportistas de España, Portugal e Canadá, e arredor de 400 combates disputados, converteuse no maior torneo de boxeo celebrado en España e un dos máis destacados de Europa.

O evento contou cunha infraestrutura organizativa sen precedentes, con 25 árbitros, 200 adestradores e entre 20 e 30 persoas implicadas na loxística e coordinación.

Este torneo non só puxo en valor o talento deportivo, senón tamén a capacidade organizativa de Marín, consolidándose como un referente no boxeo internacional.

#OpenVilaDeMarín #BoxeoInternacional #ÉxitoTotal