NOITE DO BARRIO 5
26/11/2025
🥊 NOITE DO BARRIO 5 🥊
Kike García foi, xunto con Pablo “Diablo” Izard e Juanca Alonso —que realizou o seu segundo combate profesional—, un dos grandes protagonistas da velada organizada pola Escola El Barrio.
O boxeador profesional acadou unha merecida vitoria nunha noite cargada de intensidade e bo boxeo.
Desde a Federación Galega de Boxeo queremos felicitar a todos os competidores polo seu esforzo, compromiso e dedicación.
Ao mesmo tempo, enviamos unha mensaxe de profundo cariño e apoio para Kike polo falecemento da súa nai.
Toda a familia do boxeo galego está contigo neste difícil momento.
🖤 Descansa en paz.
🤝 Forza, Kike.