Gondomar vibra co boxeo este sábado!

Gondomar vibra co boxeo este sábado!

? Gondomar vibra co boxeo este sábado!

Este 10 de maio, o Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda será o escenario dunha noite chea de emoción coa chegada da velada FlowFight II. A partir das 19:30 h, os mellores golpes daranse cita no ring.

? Veremos en acción a Kike "Rayito" García, que salta ao ring decidido a manterse invicto no profesional.
? Tamén volverá á loita Lorea Murgoitio, decidida a seguir sumando vitorias no peso pluma.
?Disputarase o Cinturón Albiceleste de Galicia, un duelo entre dous dos grandes do boxeo galego: Juanca Alonso e Pepe Reguera.

Un evento que combina paixón, loita e espectáculo... e que ningún amante do boxeo debería perder!

?️ A entrada está aberta desde as 19:00 h. Non faltes!

#BoxeoEnGondomar #FlowFight #NoiteDeLoita #BoxeoGalego